Por fin chegou unha das datas máis sinaladas no calendario Morañés, a Festa do Carneiro ao Espeto. Esta fin de semana desenvolveránse no noso municipio distintas actividades e por suposto verbenas. A festa chegará ao seu momento álxido o domingo, coa celebración do Xantar do Carneiro ao Espeto na Carballeira de Santa Lucía.
Podedes consultar toda a programación no noso “Carneiblog“, desde este vínculo ou no botón da barra lateral.
Ou podedes descargar o programa da festa en pdf aquí: programa-carneiro-2011
Así mesmo para todos aqueeos que teñades reservado o voso lote, aquí vos deixamos a lista de mesas e o mapa para ter máis claro que mesa vos toca domingo.
Mapa: mapa2011.pdf
Lista de mesas: listamesas2011
Feliz Carneiro a todos!
Síguenos nas Redes Sociais