O Concello de Moraña vai reazar un Curso de Aplicador/Manipulador de productos fitosanitarios en Novembro de 2012. A inscripción é ata o día 26 de outobro, cun custe de 60 € (+ 8,83 € por taxas de exame) e unha duración de 25 horas (20 h. teóricas + 3 h. de prácticas e 2 h de exame).
O curso terá lugar na Casa da Cultura A.D.R Castelao os días 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de novembro de 20:00 a 22:30 horas e na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia durante 5 h. (3 h. de prácticas e 2 h. de exame) o día 16 de novembro das 9:00 ás 14:00 horas.
Para o caso de produtos fitosanitarios (funxicidas, insecticidas, herbicidas, etc) que non sexan gases ou non sexan xeradores de gases clasificados como tóxicos e/ou moi tóxicos segundo o disposto no Real decreto 255/2003, necesitan alcanzar o nivel de capacitación BÁSICO: Os agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación. / O persoal auxiliar das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios. /
O persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias que apliquen produtos fitosanitarios.
/ O persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios.
O número de alumnos estará entre un mínimo de 20 e un máximo de 30.
Máis información no Concello de Moraña- AEDL: 986 553 005 ou de 9:00 a 15:00 horas.
Pódese descargar o cartel do curso no seguinte vínculo: Cartel 2012 APLICADOR FITOSANITARIOS MORAÑA
Síguenos nas Redes Sociais